miércoles, 28 de agosto de 2013

¿Vandalismo ou intransixencia?




O pasado sábado 24 de agostoabado  ncia quedará na memoria da historia negra de Bustavalle, xa que nesta data produciuse o maior ataque á liberdade, á creatividade e ao amor intenso de moitos veciños e veciñas por esta aldea:
A destrución do recén inaugurado símbolo da Asociación na Fonte  que supuña unha homenaxe aos nosos antergos en forma dese ser tan máxico como é unha meiga, e recollía décadas de tradición bovina, neste lugar capital da vida social e animal como era a fonte. Por iso aí, precisamente, co apoio de toda a Asociación, na que están integrados a maioría dos veciños/as, decidiuse colocar ese símbolo; ao tempo que podía ser un novo atractivo para o noso monumento máis internacional, xa que cada día son múltiples as xentes doutros lugares que paran a coller auga.
Descartada polos técnicos a posibilidade de que se puidera ter despegado, superados os primeiros días e sen chuvia de por medio unido a unha contrastada calidade do material empregado lévanos a só contemplar dúas opcións;

1.      O vandalismo. Sábado noite podería levarnos a pensar nesta posibilidade que vemos pouco probable debido a que a calidez da nosa figura invitaba máis ao cachondeo, ao xogo, a engadirlle cousas, a dicir barbariades, pero pensamos que nunca a destruíla;  moitos anos botaron as frechas falanxistas e ninguén se atreveu ou mais ben se molestou en eliminalas, ademais resulta moi casual que a dez días da súa inauguración apareza un vándalo alleo a todo sentimento ou odio cara as nosas xentes como para que lle dera por arrebatarnos o noso novo emblema.

2.      A intrasixencia. Defecto de longa tradición no ser humano afortunadamente cada vez menos presente pero parece que non erradicado definitivamente. Posta aí con todo o cariño do mundo, xa sabemos que a moitos non lle pode parecer bonita, pero foi feita con todo o amor que nos lle temos a este pobo, as súas xentes e aos seus animais. Que a alguén non lle gusta, que a alguén non lle parece correcto que nos apropiaramos dun espacio publico, pois podemos entendelo, pero cremos que se pode falar, poderíase ter cambiado  de sitio, pero nunca destruído. Sabedes quen somos, onde vivimos, vístedes como a colocábamos, porque non falastedes.

Só sabedes servirvos da forza, da nocturnidade, do anonimato. Pobre espírito é o voso. Reprobables as vosas conductas. Nós construímos, creamos, amamos. Vós só tedes odio, rabia e brutalidade.
De todas formas a Asociación consta de máis de 90 socios e múltiples simpatizantes polo que temos unha parte importante de aprobación.

 Por iso pobre de ti que saibamos que fuchetes ti porque todo a rabia do mundo caerá sobre ti, xa non che conto os cornos nosa vaca-meiga, podes estar seguro de que en canto teñan a oportunidade arremeterán contra ti.

               E por certo, non habemos de descansar ata que quede inmortalizada no lugar onde ti, pola violencia 
decidiches arrancala, pero ela é eterna e seguirá a vivir no vento e a chuvia do inverno e no sol do verán...    

    TERRORISMO ARTÍSTICO     TERRORISMO CULTURAL      TERRORISMO VECIÑAL


No hay comentarios:

Publicar un comentario